TEMA 4 (2º BAC): A LITERATURA DO 1º TERZO DO S. XX
4.1.
Un 2º Rexurdimento literario
Ao longo do 1º tramo do s. XX o
Rexurdimento literario iniciado no s. XIX vai experimentar un importante
impulso. Convocados pola potente mensaxe das Irmandades da Fala, varias
xeracións de escritores con moi diferentes concepcións literarias conflúen
nesta época gravitando, como di o estudoso Méndez Ferrín, arredor da Xeración
Nós.
Cómpre insistir na eficacia
organizativa das Irmandades da Fala: creación de filiales da organización en
moitas vilas e cidades galegas, a capacidade para entusiasmar a un importante
sector da intelectualidade galega co seu proxecto cultural e político
(reivindicar a lingua galega implicaba tamén articular un modelo de sociedade
galega en que estas reivindicacións tivesen sentido), crear canles culturais
para difundir os seus ideais: xornais, revistas, editoriais, seminarios... e,
tamén, no deseño coherente dun plan de actualización da cultura galega. Nada
disto sería posible sen o compromiso absoluto co proxecto dos membros da
Xeración Nós, un grupo de homes cunha boa formación cultural, ben informados
das últimas tendencias artísticas europeas e con vocación para asumir o
liderato que se precisaba para que funcionase esta inxente tarefa de
construción cultural e política.
4.
2. A Xeración “Antre dous séculos” e os escritores ligados ás Irmandades
Deste xeito teriamos a Xeración “Antre dous séculos” formada polos escritores máis vellos, sen vencellos
de grupo, virados cara á estética do século XIX, dominada polo costumismo e un
intimismo imitador do iniciado por Rosalía. A organización do nacionalismo a
través das Irmandades e o contacto coa Xeración Nós proporcionoulles o
coñecemento dos poetas saudosistas portugueses que han de influír moito na
obras dos principais poetas desta xeración: Ramón Cabanillas e Antonio Noriega
Varela.
–Poesía:
Ramón Cabanillas: considerado o
mellor poeta da xeración, recoñecido como o “sucesor de Curros Enríquez”. Pasa
dunha etapa de poesía cívica e combativa a outra onde predomina a creación de
universos poéticos impregnados de idealismo, simbolismo e saudosismo que deixan
ver un coñecemento profundo destas correntes da poesía europea finisecular.
No desterro (1913)
Vento mareiro (1915)
Da terra asoballada (1917)
Na noite estrelecida (1926)
A rosa de cen follas (1927)
Noriega Varela: o costumismo
descritivo do 1º libro vai evolucionando no seu 2º libro (e en sucesivas
edicións) a unha poesía influída pola filosofía franciscana (culto polo pequeno
e a humilde beleza das cousas sinxelas) e formalmente debedora da poesía
saudosista portuguesa con pretensións de facer unha poesía cultista.
Montañesas (1904) revisado e reeditado (1910)
Do ermo (1920)
“ “
(1929), (1946)
–Prosa:
Francisca Herrera Garrido: É a 1º muller que publicou unha novela escrita en
galego. Gran admiradora de Rosalía, a súa obra está dominada polo costumismo
decimonónico. Foi a 1ª escritora membro da Real Academia Galega, pero unha
especie de boicot interno impediu que chegase a ler o discurso de
entrada.
Néveda (1920)
Xosé Lesta Meis: É un escritor ligado ás Irmandades da Fala, máis novo ca os anteriores,
coetáneo da Xeración Nós, pero cunha traxectoria vital e uns intereses
literarios diferentes. De formación autodidacta, súa narrativa é testemuñal e
de feitura sinxela: a emigración que el experimentou, as lembranzas da aldea
son os temas que trata:
Estebo
(1927)
–Teatro: O teatro era un dos entretemento favoritos das
clases burguesas urbanas e, como tal, podía ser un medio excelente de
recuperación para a o galego. Xa os escritores rexionalistas intentaran crear
unha Escola Rexional de Declamación en 1903 que formase actores para poñer en
escena as obras escritas por eles.
Lugrís Freire:
A
ponte (1903)
San Luís Romero:
O
fidalgo (1918)
As Irmandades da Fala reavivan
este interese teatral e dan un paso adiante coa creación do Conservatorio
Nazonal de Arte Gallego en 1919 e estimulan entre os escritores membros da organización a creación de
obras de calidade e carácter “pedagóxico” que axudasen a romper con certos
tópicos asociados ao galego (lingua de clase baixas e ambiente rurais, etc) e a
difundir a historia de Galicia.
Ramón Cabanillas:
A man da
santiña (1921)
Antón Villar Ponte e R. Cabanillas:
O
mariscal (1926)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, só comentarios que veñan a conto. É moi lamentable pero vinme obrigada a restrinxir comentarios a usuarios rexistrados.