miércoles, 26 de septiembre de 2012

Estades preparados?





Ola a todos, alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato do IES Leixa. Empezo hoxe a poñer en práctica unha inspiración que tiven en 2º B a última hora, mentres buscabamos solucións á primeira crise do curso: a crise dos libros de texto. Non imos falar aquí máis diso, deixádeme simplemente explicarvos en que vai consistir este blog, feito exclusivamente para vós, e como vos pode ser útil.

No blog Has de cantar! irei poñendo un resumo das exposicións que eu faga na clase, fareivos recomendacións de lecturas, páxinas web e os recursos que vaia atopando en relación co temario que desenvolveremos ao longo do curso. Tamén publicarei aquí textos para comentar na clase, en grupo, ou na casa, de maneira individual.

Has de cantar! pode ser útil, ademais, para manter abertas canles de comunicación entre vós e máis eu que faciliten a rápida resolución de dúbidas. Naturalmente, debedes considerar que eu non estou permanentemente de garda: que durmo, como, teño vida social e esas cousas tan divertidas que facemos os humanos e as humanas.

Isto é só o principio, estades preparados?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, só comentarios que veñan a conto. É moi lamentable pero vinme obrigada a restrinxir comentarios a usuarios rexistrados.